A gripe A

Xeoruse moita alarma social dende hai uns meses co tema este da gripe A. Clicando nas seguintes imaxes podedes ver as instrucións doSergas, ca Consellería de Educación e do Ministerio de Sanidad.

Acabase a gratuidade dos libros de texto para todos e todas

O novo executivo autonómico decidiu que non estaba ben que todo o mundo tivese os libros de texto gratis. Os que votastes ao PP podedeslles dar as grazas pola nova medida.
A partir de agora, haberá que mercar os libros a principio de curso, e os que queiran, poderán solicitar unha beca, que se resolverá unha [...]

Non haberá excursión a Voz Natura

Debido a que a meirande parte da xente que estaba apuntada á excursión de Voz Natura, vai viaxar a Madrid, quedan só 5 nenos (cos seus acompañantes) polo que se cancelou o autobus, por falta de xente.

Fin das actividades extraescolares

Como é habitual, durante o tempo que temos horario de verán (xuño e setembro), ao non haber clases pola tarde, non haberá actividades extraescolares.

Horario de verán

A partir do luns día 1 de xuño, e ata o luns 22, o horario será de 9.00h a 13:30h. Os rapaces e rapazas que coman no comedor, sairán ás 14:30h.

Menús do comedor

O outro día escribimoslle á empresa adxudicataria do catering do comedor, “Comedores colectivos de Celis, S.L.”, preguntandolle por qué seguían a poñer panga no menú, e quen facía eses menús, que nós, non consideramos axeitados. Contestaronnos cunha carta que cada un pode interpretar como queira. A nós non nos convenceu, e ímoslles respostar, entre outras [...]

Tuberculose: tranquilidade

Ola a todas e todos, e, como dicía a canción, ante todo moita calma
Como xa saberedes, faleceu recentemente unha persoa na nosa vila, enferma de tuberculose. Esta persoa, como sen dúbida moitos tamén saberedes, traballaba na sala de xogos que ocupa a esquina que está fronte o instituto Martagisela.
A tuberculose, é unha enfermidade contaxiosa que [...]

Non lles deixan lavar os dentes no colexio!

Ola a todas e todos
o pasado xoves, pasaronlles aos rapaces e rapazas que van ao comedor unha nota na que se avisaba de que a partir de hoxe, luns 4 de maio, non se poderían lavar os dentes no colexio por razóns de hixiene e saúde.
Consultado un dentista, opina que a medida non é correcta, [...]

Conferencia da Conselleira de Educación

O vindeiro mércores día 25 de febreiro, ás 17:30 horas, no salón de actos do Concello de O Barco, a Conselleira de Eduación, dona Laura Elena Sánchez Piñón, á que estades convidados os pais e nais de alumnos e alumnas da bisbarra de Valdeorras.
Esperemos que nos conte moitas cousas interesantes.

Non haberá comparsa da A.N.P.A.

Debido a que meirande parte dos pais e nais non amosaron interese algún pola comparsa, xa que fundamentalmente,
1. Non acudiron á xuntanza convocada para falar do tema e doutros temas moi importantes, e
2. Non hai case ninguén apuntado para participar
3. Moi poucas persoas se interesaron polo tema preguntando directamente aos integrantes da directiva
4. Os cartos [...]