Hola de novo a todos e todas
Na xuntanza do pasado martes, falamos dos seguintes temas.
- A gripe A
Simplemente comentamos que o Ministerio de Salud, o Sergas, e a Consellería de Educación, elaboraron cadanseus protocolos de actuación en caso de aparición de casos sospeitosos. Estes protocolos, son os que nos veñen reflictidos no papel que lle deron aos nosos fillos e fillas os primeiros días do curso, e son os que están na páxina web na seguinte ligazón.
- Novos membros da directiva
Como moitos sabedes, os pais de Luisa, – Dores e Eloy -, ambos membros da directiva da A.N.P.A., deixaron de selo xa que a nena non ven xa ao cole a Viloira (xa non vive en O Barco). Así que facía falta “fichar” a dúas persoas máis, que serán Dori e Alice.
¡Unha agarimosa aperta a Luisa, Dores e Eloy!
- Actividades extraescolares
Este ano temos 3 tipos de actividades, as que organiza o Concello, as que organiza o Colexio e as que organiza a A.N.P.A.
-
- Organizadas polo Concello (de balde)
Este ano o Concello pagará a uns monitores para que veñan impartir estas actividades ao colexio, polo que serán de balde, é dicir, non haberá que pagar. Son organizadas polo Concello pero coordenadas polo colexio, así que para informarse ou apuntarse haberá que falar con Reme.
Para cada unha delas haberá dous días, un para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria, e outro para os de 4º, 5º e 6º. Desgraciadamente, non montaron nada para a rapazada de infantil.
-
-
- Xogos multideportivos
- luns (os pequenos) e mércores (os grandes) ás 17:00 h
- Novas tecnoloxías
- martes (os pequenos) ás 17:00 h
- xoves (os grandes), despois de comer
- Rondalla
- Para esta actividade o concello non tiña profe, así que dará unha bolsa económica para que o colexio contrate a un profesor. Como non estaba claro canto nin como ía ser, non sabemos se vai ser suficiente para que saia totalmente gratis, ou haberá que pagar unha pequena cantidade. Para máis información, falade con Reme. Xa sabedes que instrumentos hainos no cole.
- Xogos multideportivos
-
-
- Organizadas polo Colexio
- Gaita
- Igual que o ano pasado, esta actividade será de pago e supoñemos que ao mesmo prezo que o ano pasado. Lembrade que o profesor cobraba unha cantidade fixa que se repartía entre as cotas dos asistentes. Polo tanto, pensade nos demáis e non vos borredes co curso empezado, porque iso fai que a xente teña que pagar máis (como pasou o ano pasado).
- Gaita
- Organizadas polo Colexio
-
- Organizadas pola A.N.P.A.
Xa sabedes que hai dous tipos de actividades; as que son levadas a cabo por pais e nais voluntarios e polo tanto son gratis, e as que hai que pagar, porque se contrata a un ou unha profesional que nos veña a impartir algún curso. Pedímosvos, coma sempre, a vosa colaboración para isto, tanto se se vos ocorre algo para levar a cabo como se é para botar unha man a algo que organicemos nós.
-
-
- Cine (gratis)
- Igual que o ano pasado, sería, como sabedes, a proxección dun filme axeitado á idade dos nosos fillos e fillas, o venres ao saír de clase.
- Futbito e Voleyball (10 €, precio estimado)
- En función de como se organice a actividade de xogos deportivos, e se se apunta xente dabondo, podemos montar futbito, voleyball, ou as dúas cousas.
- Teatro (10 €, precio estimado)
- Sería algún día a concretar polas tardes, con posibilidade de ser dous días á semana
- Contacontos (10 €, precio estimado)
- Esta actividade está pensada para os pequenos de infantil, e para o horario de despois de comer.
- Cine (gratis)
-
Pasaremosvos un día desta semana (se non da tempo, da semana que ven), un papel para que vos apuntedes e poder montar as actividades o antes posible. Este ano levamos retraso porque estivemos esperando a que o Concello nos informase de como ían ser as actividades que montaron eles.
- Pavillón / comedor
Parece ser (por conversación de Reme coa Xefa Territorial de Educación) que xa está destinada unha partida de 800.000 € nos orzamentos deste ano para a construción do pavillón. Vai sair xa a concurso público para a contratación da obra, e parece ser que as obras van comezar en xaneiro e rematar en setembro.
O ano pasado estabamos no mesmo, pero cambiou o governo e nos quitaron os cartos. A novasituación é que estes cartos son deste governo, e non vai cambiar nos vindeiros case catro anos (…) A ver cando poñen os postes co cartel na finca.
Se desta non vai, teremonos que poñer en Santiago a comer diante da Consellería.
- Cotas do comedor
Os que temos fillos ou fillas no comedor do colexio, sabemos que aínda non pagamos nada, e, o que é peor, non sabemos canto temos que pagar, nin cando. Isto non é cousa do colexio, é cousa da Xunta, que aínda está debatindo canto nos vai cobrar polo servizo. O que se conta é que queren subir a cota, e a oposición oponse (que é o que ten que facer), e por iso non se da decidido canto.
Tampouco se sabe como se vai facer, se se vai pagar no banco ou se poderá domiciliar. E por último, non se sabe tampouco se se pagará a mes vencido, pagando os días que os cativos comeron, ou se se pagará por adiantado (como pretenden eles), pagando todos os días, comase ou non.
O que está claro é que dentro de certo tempo, teremos que pagar todos os meses que levamos xuntos, ao cal, non hai dereito. Daquela imos ter que ir comer á Xunta.
E iso que os cartos que se aforrou a Xunta ao non pagar os libros de texto, que xa non son gratis, en teoría ía para os comedores… debe ser para os comedores dos conselleiros…
- Excursión / andaina de principio de curso
Tal como xa fixemos o ano pasado, organizaremos unha excursión / andaina pola serra da Enciña da Lastra, posiblemente saíndo de Vilardesilva e chegando a Covas, como convivencia de pais, nais, nenos e nenas.
A idea é sair de mañán, andar por alí, polos camiños, polos soutos, comer unhas empanadas a algunha outra cousa, e facer un magosto despois.
No papel que pasaremos para as actividades, vos poderedes apuntar para esta actividade, e suxerir un día para a realización da mesma.
- Revisión da cota anual
Por último, decidiuse por votación, e por ampla maioría, subir a cota anual de 12 a 15 €. O ano pasado xa non se subira, e 3 € ao ano, pois tampouco é tanto.
Para o pago das cotas faremos como o ano pasado; poremos unha semana para pagar e haberá alguén da directiva na mesa de Marcelino para recoller os cartos. Tentade pagar todos nesa semana, para poder deixar o asunto listo o antes posible.
Por último, facemos de novo un chamamento a todos e todas para que veñades ás xuntanzas que celebremos, que é a maneira de enteirarse das cousas de primeira man, e é o sitio adecuado para comentar/pedir/reclamar/protestar, etc. E por suposto, é o sitio onde se realizan as votacións que haxa que facer, e polo tanto, o sitio onde se deciden as cousas. Tede en conta que os que vaian deciden para todos e todas.
E tentade tamén colaborar coas actividades que se organicen (excursións, entroido, maios, etc), que se fan para os nosos fillos e fillas, non para outra cousa. O pasan ben, e ademáis conseguimos cartos para poder organizarlles máis cousas.
Nada máis, moitas grazas
Filed under: Uncategorized