Aínda que xa había algunha xente que pagou algo o ano pasado por comer no comedor escolar, o novo goberno, endureceu os requisitos necesarios para as becas do comedor. Os que votastes ao PP podedeslles dar as grazas pola nova medida.
O asunto vai como segue. A Xunta autoriza un número de prazas de comedor suxerido polo Consello Escolar, en base, sobre todo, aos medios humanos e materiais dispoñibles, e ao número de alumnos e alumnas.
Unha vez coñecido o número de prazas e solicitantes, a Consellería concede unhas becas coas que se subvenciona o pago do comedor a un certo número de alumnos. Pode ser que subvencione o 100%, e o alumno non pague nada, o 50% e pague a metade, ou que o alumno ou alumna teña dereito a beca, pero pague todo. Nesta caso, o Xunta paga unha pequena cantidade á empresa que faga o catering.
No caso de que non teñamos beca e o noso fillo ou filla quede a comer no colexio, deberemos aboar o 100% do importe, e ademáis a pequena cantidade que a Xunta paga ao catering, é dicir, deberemos pagar entre 3 e 4 euros por día.
Actualmente, hai 96 solicitudes de comedor, pero hai unhas 85 prazas, polo que 11 nenos ou nenas, quedarán fora, é dicir, deberán pagar 3 euros e pico por día, se queren quedar a comer.
Terán beca polo 100%:
- O alumnado en situación socioeconómica moi desfavorable ou pertencente a colectivos sociais ou étnicos con dificultades de integración que demanden accións de especial protección. A acreditación realizarase mediante informe do traballador ou traballadora social do concello.
- Alumnos e alumnas pertencentes a unidades familiares que teñan recoñecida a condición de familias numerosas de categoría especial, consonte na Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección de familias numerosas. Será requisito indispensable a presentación do título oficial de recoñecemento de familia numerosa.
- Os alumnos pertencentes a familias que acrediten unha renda como a que se di no cadro seguinte. Dita renta se calculará a partir da declaración do IRPF do ano 2007, facendo a conta seguinte, segundo o valor das casillas 450, 452, 454, 457, 460 e 471
Renda= 450 + 452 – 454 + 457 + 460 – 741 Se se fan na familia dúas declaracións, hai que facer a conta para cada un, e sumar os dous resultados.
ata 3 membros na familia, renda ata 22.141, 01 €
4 membros, renda ata 25.307,44 €
Terán beca polo 50%, e polo tanto, pagarán 1,50€ por día
- alumnos e alumnas pertencentes a familias que teñan recoñecida a condición de familia numerosa de categoría xeral.
- Alumnos pertencentes a unidades familiares que acrediten unha renda anual segundo a seguinte táboa
ata 3 membros, renda entre 22.144,01 € e 31.634,30 €
4 membros, renda entre 25.307,44 € e 34.797,73 €
Pagarán o total do prezo, é dicir, 3 € diarios,
- os alumnos e alumnas que, con beca concedida, non se atopen en ningún dos parágrafos anteriores.
Pagarán o total do prezo e a aportación da xunta, é dicir, algo máis de 3 euros diarios.
- os alumnos e alumnas que, quedando a comer, non teñan concedida beca de comedor.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Certificado de Asuntos Sociais para familias con situación económica desfavorable
- Título oficial de familia numerosa, se procede
- Declaración do IRPF do ano 2007
- Fotocopia de TODAS AS FOLLAS
- Se os dous traballan, a declaración conxunta ou as dúas declaracións
- Se algún ou os dous, traballa pero non ten a obriga de presentala, presentar CERTIFICADO DE IMPUTACIÓNS, expedido pola Axencia Tributaria
Na primeira semana de setembro publicarase a listaxe de admitidos.
O 1º día do comedor será o de inicio das clases, o xoves 10 de setembro.
Filed under: comedor
a xantar a casiña, que relacionarse e malo, ala noraboa, visca o pp